martes 24/11/20

Derrota do Antela na casa ante un Bande no que destacou o goleador David Soares

    A xornada do domingo no campo de A Moreira non rematou ben para os locais.

O Antela comezou gañando o partido con gol de Carlos López no minuto 15. Parecía que o encontro marchaba ben para os da Limia ante un Bande que saiu con pouca forza ó campo. Así as cousas no minuto 41 apareceu a figura de Davis Soares que empatou o partido. O xogador do Bande foi decisivo na vitoria dos seus cun gol no minuto 83.

O partido acabou 1-2 no marcador e con dose extra de tarxetas para os xogadores do Antela. Iván Cabrera, Juan, Jose Cid, Manu Araújo e Alberto viron cartón amarelo.

O Antela acumula con esta 3 derrotas e un empate. O vindeiro domingo buscarán a que podería ser a súa primeira vitoria da tempada no campo do SDC A Manchica. 

Comentarios