domingo 23.02.2020
Antela 1 Loñoá 1

Empate do Antela na Moreira

O equipo leva dous meses sen gañar
Empate do Antela na Moreira

 Empate que sabe a pouco visto o visto o desgaste de ambos equipos. Comezou o encontro cun gol visitante precedido dun saque de curruncho que non era. Juáncar rematou de cabeza para a súa propia porta. Acto seguido Bass puxo as táboas no taboleiro cun lategazo dende 25m. A partir de aquí o Loñoá ficou fechado atrás ao máis puro estilo de Simeone e soubo aguantar estoicamente o empate. O Antela tivo moitas, especialmente Pedro Castro. A actitude antelista foi mellor que en partidos pretéritos pero a vitoria resístese. Os de Julio Rodríguez acumulan dous meses sen gañar