Entrevista con Luis Miguel Gil, concelleiro de Deportes do Concello de Xinzo

IMG_0165
Entrevista con Luis Miguel Gil, concelleiro de Deportes do Concello de Xinzo
RICKY Hoxe entrevistamos a Luis Miguel Gil Penín,nacido en 1976 en Valladolid e concelleiro de Deportes e Educación, máximo responsable de...

RICKY

Hoxe entrevistamos a Luis Miguel Gil Penín,nacido en 1976 en Valladolid e concelleiro de Deportes e Educación, máximo responsable de todas as instalacións deportivas municipais e do conservatorio,seguidor do Barça e sempre e ante todo dos equipos galegos.

-Cando decide e por que optar a concellería de deportes de Xinzo? -Cando o PP fixo o grupo de goberno asignoume a Concellería de Deportes e Educación.

-Tiña experencia no mundo do fútbol e no baloncesto, fixo isto máis fácil a súa chegada a este posto? -No fútbol tiven ficha de infantil e xuvenil do Antela, e fútbol sala. Con 18 anos cheguei a árbitro,logo tiven ficha de baloncesto e atletismo, e fun fundador do Club Baloncesto ademais de obter o título de entrenador de dito deporte.

-Sobre cantos nenos adestran hoxe nas escolas deportivas municipais? -En Natación 354, Fútbol 172, Baloncesto 97, Ximnasia 80, Tenis 12, Atletismo 40, Bádbimton 20, Kárate 30 e Iniciación o Deporte 22. O que fai un total de máis de 800 nenos e nenas.

-En que se basean estas asociacións? -Son asociacións sen áinmo de lucro que non dependen directamente da concellería porque cada deporte é independente en medios e costes.

-Que escola deportiva lle parece máis dificil de dirixir? -Son directivo da meirande parte destes clubes, pero obviamente canto máis grande sea máis difícil é de coordinar.

-Se sumamos todos os nenos que fan deporte, máis os seus respectivos monitores,máis pais e nais e familiares, xúntase moita xente, como ordena todo para que salgan cada fin de semana a competir e semanalmente entrenar? -Dedicando moito tempo, e sabendo en cada momento as necesidades de cada equipo. Tamén póndolle moitas ganas para que todo vaia ben.

-Entre todos os deportes con cal se queda e por que? -Son aficionado a todos e trato de estar en todos os sitios donde calquera dos clubes esté competindo,pero a miña debilidad e o baloncesto. Especialmente o clube de Xinzo, do cal son fundador,directivo,coordinador e adestrador.

-Se puidera, porque corren tempos difíciles, que melloras faría en instalacións e en que deportes? -Sempre se necesita mellorar. Primeiro agradecer os centros educativos que nos ceden as suas instalacións para dar unha óptima cobertura aos adestramentos dos nosos e nosas deportistas. As melloras para un futuro serían acondicionar as instalacións exteriores do campo Jose Antonio Carrera,ter algunha pista máis multideportiva para os nenos e nenas do noso concello, e unhas pistas de ateltismo para o gran clube que temos.

-¿Cree realmente que o 1º equipo histórico de fútbol limiao (o Antela) está onde se merece, de non ser asi que cree que falta? -Debería estar entre 1º rexional e Preferente con xogadores saídos da canteira. Falta algunha vez compromiso por as partes involucradas.

-Desvívese polo deporte en xeral. Cree que é por eso que está facendo ben as cousas ata ahora? -Son un forofo de case todos os deportes,enténdoo como unha forma de vida e trato de que os veciños e veciñas traten de velo así tamén.

-Dentro de un ano e medio hai eleccións. Seguirá no seu posto actual ou cree que pode optar a outro superior? -Primeiro rematemos esta lexislatura, e dentro de un ano e medio xa veremos que facemos. Eu estou moi a gusto no meu cargo, teño plena a confianza do alcalde e a miña única inspiración en politica é dar un bo servicio os veciños e veciñas.

-¿Que lle parece este xornal dixital? -É unha boa maneira de que as noticias que non saen nos ámbitos provinciais ou autonómicos teñan cabida neste dixital, para que os limiaos estén ben informados.

Dende aquí, agradecer o tempo dedicado por o noso concelleiro de deportes e ata a próxima entrevista.