O equipo cadete masculino de Limiactiva consolídase como Campión Galego de Campo a Través Escolar

campións
O equipo cadete masculino de Limiactiva consolídase como Campión Galego de Campo a Través Escolar

O triunfo conseguírono este sábado na Estrada

Anass Nagihi, Kevín Rodríguez, Marco Nube Lema, Pablo Nogueiras e Said Abdoum, son os nomes dos cinco limiaos que se converteron en campións galegos de campo a través escolar.

O equipo cadete masculino de Limiactiva acudiu este sábado ó campionato que se celebraba na Estrada. Reuníronse máis de 400 participantes para as carreiras que deron comezo a partir das 10h no entorno da praia fluvial do río Liñares.

Con este novo triunfo da xente de Limiactiva, pechan unha tempada exitosa que comezaban a forxar o 10 de xaneiro conseguindo o primiero posto no Campionato Provincial de Campo a Través, de A Rúa.

O 31 de xaneiro este grupo cadete de rapaces acadou o segundo posto no Campionato Galego de Campo a Través, en Friol. Ademáis esta vitoria serviulles para participar no Campionato de España, en Madrid, representando por primeira vez a un equipo da Limia nunha proba de tal categoría e na cal quedaron na posición número 30.

O 13 de febreiro, en Ribadavia, eran Subcampións Galegos de Campo a Través por Relevos Mixtos, con Rebeca Sotelo, Carla Domínguez, Yaiza González e Nuria Pazos, formando parte dos equipos.

Xa neste mes de marzo conseguían outro novo triunfo sendo Campións Provinciais de Campo a Través Escolar en Monterrei.

Cos éxitos colleitados e con este recente podio conquistado, o equipo da por finalizada a tempada 2015-2016 de cross.