martes 28.01.2020

Ó EQUIPO “ INELGA” DE XINZO, GAÑADOR DA VOLTA A LIMIA BAIXA 2014 CELEBRADA EN BANDE

Alberto Penín Sanz do INELGA, foi o gañador absoluto da proba As seis da tarde, partían de Bande en pelotón agrupado...
Equipo coclista INELGA, campión da volta a Baixa Limia 2014
Equipo coclista INELGA, campión da volta a Baixa Limia 2014

Alberto Penín Sanz do INELGA, foi o gañador absoluto da proba

As seis da tarde, partían de Bande en pelotón agrupado os case medio cento de participantes, que este ano optaron por tomar parte na carreira, que co gallo das festas de Bande, o Concello organiza cun percorrido pola Limia Baixa . Dende Bande, diríxense a presa das Conchas para dende alí ir ata Muiños, e volta outra vez a cruzar o río Limia cara a Bande. Dúas eran as categorías , bicicleta de carreiras e de montaña. Dende a Limia Alta, chegaron para participar ós equipos INELGA, ANTELAANO e CC. MACEDA. Tamén por clubs tiña unha ampla representación ó NSB de CELANOVA, así como tamén o ASPOL. O gañador absoluto foi Alberto Penín en bicicleta de carreiras, e en montaña ó primeiro clasificado foi Gabriel Pereira. A anécdota e que na carreira participaba un tinerfeño(Francis) , que pasa as súas vacacións na Baixa Limia, e coñecido por todos os pobos pola súa afección a bicicleta. Como “anécdota”, case sen importáncia , é que os membros do equipo ciclista INELGA, como precalentamento foron nas bicicletas de Xinzo a Bande, e o pouco de finalizar a carreira, voltaron a Xinzo, polo mesmo método, en bicicleta.

Comentarios