domingo 19/9/21
Deportes

Exhibición de ximnasia en Xinzo para despedir a tempada

As rapazas e rapaces de ximnasia mostraranlle a familiares, veciños e visitantes sobre o tapiz, aquilo do que son capaces de facer.

EXHIBICIÓN XIMNASIA 17

Os músicos despiden o curso con concertos e as deportistas despiden a tempada con exhibicións.

Trala exhibición proseguirá a celebración cun xantar no Toural.

Este sábado, día 17 de xuño, a partir das 11:30 horas, o Club das Escolas Deportivas do Concello de Xinzo de Limia organiza unha exhibición de ximnasia para despedir a tempada. O espectáculo terá lugar no Pavillón Municipal. Despois doutra tempada de grandes éxitos e resultados en número de participantes –máis de 130– e en logros no Campionato Escolares e na Copa Deputación, toca celebralo como se merece.

As rapazas e rapaces de ximnasia mostraranlle a familiares, veciños e visitantes sobre o tapiz, aquilo do que son capaces de facer. A continuación, proseguirá a celebración cun xantar organizado polos pais e nais dos ximnastas con inchables na Alameda do Toural.