OUTRO FIN DE SEMANA DE FÚTBOL SALA EN XINZO

5
OUTRO FIN DE SEMANA DE FÚTBOL SALA EN XINZO

XIX maratón de fútbol sala Xinzo de Limia 2015

Dende o mediodía deste sábado 25 e ata as 20:30 do domingo a cancha do pavillón de deportes de Xinzo será totalmente fútbol sala.

Outro ano mais e van 19 Champi, Riki e Paco, son os encargados de levar adiante este tradicional torneo o que nesta edición veñen equipos de Coruña, Ourense e o resto locais. Ata as 12 horas de mañá está aberta a inscrición, pero a estas horas 17:00 do xoves xa son 14/15 os equipos que se anotaron.

1.600 € en Premios

Da partida total de premios o primeiro clasificado levarase a bonita cifra de 900 €. Ademais o primeiro equipo clasificado local levará tamén a cantidade de 100 €.

O sorteo dos grupos levarase a cabo o venres as 20:30 h. no propio pavillón de deportes.

Ademais a organización conta coa colaboración da Concellería de deportes do Concello de Xinzo.