18 de junio de 2015, 23:13
Este fin de semana a vila de Xinzo de Limia será a capital galega do baloncesto, máis concretamente do minibasquet.
O sábado terá lugar, no pavillón municipal, a Xuntanza Premini das seleccións benxamíns das 8 delegacións de Galicia. En total 200 participantes coas súas correspondentes familias e achegados, unha suma que pode rondar os 800 visitantes.
O domingo celebrarase a 5ª edición do torneo "Vilas de Ourense" que un ano máis organiza o clube limián de baloncesto A. B. Xinzo. En total 18 equipos de Allariz, Barbadás, Barco, Maceda, Maside, Verín e Xinzo. Case 200 xogadores que desfrutarán do baloncesto na xornada do domingo.