sábado 8/8/20
Deportes

O fútbol sala feminino limián vólcase con Cristian

O xogador do CD Allariz, Cristian Ferreira, sofre leucemia, o que lle priva temporalmente da súa paixón

As xogadoras limiás antes do partido do pasado sábado.
As xogadoras limiás antes do partido do pasado sábado.

O pasado sábado, antes do partido, as rapazas do equipo de fútbol sala feminino de Xinzo fixéronse esta foto en apoio a Cristian, xogador do Allariz, que se atopa xogando un dos seus partidos máis importantes. O xogador do CD Allariz, Cristian Ferreira, sofre leucemia, o que lle priva temporalmente da súa paixón, xogar ao fútbol.

Desde fai 44 días, as mensaxes de ánimo non cesan. Roberto Trashorras, xogador de Raio Vallecano, ou o internacional arxentino Ezequiel Lavezzi mandáronlle un vídeo: "Ánimo Cristian!". Os seus compañeiros de equipo esperaron a Theo Bongonda e Chelo Díaz, xogadores do Celta, para que se sumaran a ese apoio. Os últimos en sumarse foron o porteiro do Atlético de Madrid, Miguel Ángel Moya, Nolito ou o mesmísimo Xabi Alonso.

cristian

Cristian leva dúas tempadas vestindo a camiseta do CD Allariz. Entre as catro paredes da habitación e o corredor do hospital, bota de menos o fútbol mentres se recupera. Con todo, non perde a actualidade do deporte local. 

Comentarios