sábado 31/10/20

Un GRAZAS enorme de parte do Xinzo Femenino FS

Unha publicación en Dende A Limia espertou a solidariedade limiá e este equipo conseguiu superar os problemas económicos que lle...
Xinzo Femenino FS

Unha publicación en Dende A Limia espertou a solidariedade limiá e este equipo conseguiu superar os problemas económicos que lle impedían acabar a tempada

 REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

En Dende A Limia estamos de noraboa. Grazas ao o que é o noso traballo de cada día, puidemos cumprir un dos soños de todo medio, axudar aos nosos lectores e veciños. Hai máis ou menos dous meses, desde este xornal dixital faciámonos eco das dificultades económicas que estaban atravesando as rapazas do Xinzo Femenino FS de fútbol sala, para poder rematar a tempada.

Non fixemos máis que accionar a tecla da solidariedade, porque inmediatamente tal e como nos contan desde o propio club, “multitude de establecementos de Xinzo” se puxeron en contacto con elas para ofrecerlles a súa colaboración. “Grazas á xenerosidade de moitos comerciantes limiaos puidemos recadar practicamente a totalidade do necesario para finalizar a tempada”, contounos Jesús de las Heras que actúa como voceiro deste equipo.

Por este final feliz todas e todos os que conforman o Xinzo Femenino FS de fútbol sala queren agradecer a aqueles que colaboraron con eles a súa axuda porque sen ela o seu soño de manterse na competición “non tivese sido posible”.

Un GRAZAS enorme de parte do Xinzo Femenino FS
Comentarios