martes 27/10/20
Fútbol

Hoxe rematou o Clinic da Fundación Celta de Vigo en Xinzo

O dendealimia.com puido captar a primeira das reunións matutinas cos nenos e nenas

IMG-20170411-WA0002
Rapazada asistente ao Clinic da Fundación Celta de Vigo.

Hoxe foi o derradeiro día do Clinic que a Fundación Celta de Vigo organizou no campo da Moreira de Xinzo de Limia. Tanto na mañá de onte luns, como na de hoxe martes, rapaces e rapazas da Limia e doutros concellos aprenderon dos métodos de traballo dos entrenadores dun dos dous grandes clubes de fútbol de Galicia.

Así mesmo, os adestradores de fútbol do club EDC Xinzo asistiron ao encontro de balde para ver os métodos de traballo que se realizan na Escola do Celta de Vigo.

O dendealimia.com puido captar a primeira das reunións matutinas cos nenos e nenas que participaron desta iniciativa da Fundación Celta de Vigo.

Comentarios