A II Mini BTT “Estacións Vivas” reunirá en Baños de Molgas a 400 deportistas infantís

Foto presentación II Mini BTT Estacions Vivas
A II Mini BTT “Estacións Vivas” reunirá en Baños de Molgas a 400 deportistas infantís

A proba celebrarase o próximo domingo, día 8, coa disputa de ata 26 carreiras divididas en 13 categorías, tanto femininas como masculinas

Un total de 400 deportistas de entre 5 e 14 anos participarán o próximo domingo, día 8, na II Mini BTT “Estacións Vivas” que se celebrará en Baños de Molgas, coa disputa de ata 26 probas divididas en 13 categorías tanto femininas como masculinas. Desde as dez da mañá, os participantes percorrerán os dous recorridos deseñados para as diferentes idades, dentro do circuíto permanente de BTT habilitado fronte á estación do ferrocarril.

A segunda edición desta proba foi presentada esta mañá no Pazo Provincial coa asistencia do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Baños de Molgas, Xaime Iglesias; a xerente do Inorde, Emma González; o xefe de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; e o presidente da Fundación ADO Moure, Carlos Moure.