II TORNEO SOLIDARIO DE FUTBOL SALA DE XINZO DE NN.XERACIÓNS

TORNEO SOLIDARIO
II TORNEO SOLIDARIO DE FUTBOL SALA DE XINZO DE NN.XERACIÓNS

11 e 12 de Xullo no pavillón de Xinzo

Novas Xeracións de Xinzo de limia, organiza o II torneo solidario de futbol sala de xinzo de limia, despois da boa acollida que tivo o primeiro celebrado no nadal pasado, que recaudou preto de 700kg de alimentos entre participantes e patrocinadores; para esta segunda ediccion o torneo pasa de ter a 7 patrocinadores a 26 patrocinadores; ademáis a terá categorías sub 12 e sub 15 cuxa inscriccion será 15kg de alimentos por equipo, ademáis de categoría femenina que tamen deberá aportar cada equipo 15 kg de alimentos non perecederos. Para a categoría de afeccionados a partir de 16 anos de idade a incriccion será 30kg de alimentos.
Parente Camino, presidente de nnxx xinzo, fai un chamamento a que se sumen o maior número de equipos os días 11 e 12 de xullo no pavillón de deportes de xinzo, para que así ademáis de disfrutar de xornadas de deportes se reúna o maior número de kg de alimentos non perecederos que irán destinados a Caritas da parroquia de Santa Mariña de Xinzo