Kickboxing, e Natación este fin de semana en Xinzo

213
Kickboxing, e Natación este fin de semana en Xinzo

Esta fin de semna celebraránse unha serie de eventos deportivos na nosa vila a maiores das competicións habituais de fútbol, baloncesto e fútbol sala.

Sábado de natación
66A fin de semana comezará co Torneo de Natación o sábado día 28 de abril ás 16:30 h na piscina climatizada de Xinzo de Limia. Grazas á colaboración do Concello de Xinzo, a Concellería de Deportes e Xuventude e as Fritas Guays. Participarán nenos e nenas de Chaves, Verín, Allariz e Xinzo; con idades comprendidas entre os seis e os quince anos. O torneo será de natureza lúdica, non haberá series de competición e ao finalizar procederase á entrega dunha medalla a cada nen@ e un trofeo a cada equipo.

Participarán os equipos de C.N. Chaves; Flavitos; Verín; Allariz e Xinzo de Limia

Domingo de Kickboxing

CARTEL KICKBOXING 18O domingo 29 de abril celebrarase a décima Copa Deputación de Kickboxing de Ourense no Pabellón Municial de Xinzo, organizada polo Club Fundación Cipri Gomes e grazas á colaboración Cipri Gomes, Cipri Gomes Kickboxing, Kickboxing Club, IR, a Top Ten, a Ourensana, a Deputación de Ourense e á Concelleríade Deportes, Educación e Xuventude de Xinzo de Limia.

A entrada será gratuita, e no encontro haberá cen participantes de clubs de toda Galicia e algúns de Portugal. De 10:30 a 13:00 h realizaranse as probas eliminatorias e semifinais e de 16:00 a 18:00 h disputaránse as finais e a posterior entrega de premios.

Así esta última fin de semana de abril, a nosa vila contará con actividades deportivas para todos os gustos e idades.