jueves 6/8/20

O limiao Rubén Diz gaña a Carreira do Centro de Ourense

O limiao Rubén Diz gaña a Carreira do Centro de Ourense

    O atleta de Xinzo ven de consagrarse como o corredor máis rapido na "Carreira do Centro" que se celebrou esta fin de semana na cidade das Burgas. A proba é a terceira cita que puntua para o Correndo por Ourense 2016.

Participaron 366 atletas na categoría absoluta e Rubén Diz foi o que acadou o mellor tempo de 18´12", 26 segundo de marxe respecto a Luis Iglesias que fixo 18´36". 

Con esta vitoria o limián suma o seu segundo triunfo logo da proba de O Vinteún.

Na categoria feminina gañou  Yolanda Gutiérrez  con 21'19'' , seguida de Iria Fernández con 22'19''. O terceiro posto foi para Sonia Teijeiro que fixo 22'28''.

Comentarios