sábado 31/10/20

O limiao Martín Morales faise co bronce na carreira longa do Campionato de Orientación

O atleta de Limiactiva viaxou a Málaga esta fin de semana para participar nesta proba estatal REDACCIÓN [email protected] A pasada fin de semana,...
Martín Morales

O atleta de Limiactiva viaxou a Málaga esta fin de semana para participar nesta proba estatal

REDACCIÓN

[email protected]

A pasada fin de semana, o limiao Martín Morales Ferreiro subía ao podio do Campionato de España de Carreiras de Orientación, celebrado en Málaga. Conseguía un máis que merecido terceiro posto na carreira de longa distancia, cunha marca de 1:20:06, a pouco máis de dous minutos do primeiro clasificado.

O atleta de Rairiz de Veiga e pertencente ao club Limiactiva participaba tamén na carreira sprint e na carreira de media distancia, probas nas que acadou un 4º e 8º posto, respectivamente. Pero este grande defensor do deporte da Orientación en Galicia, non viaxou só ata Andalucía, acompañárono os seus fillos, Irene e Joao que seguindo os pasos de seu pai participaron tamén na proba, con marabillosos resultados nunha proba de tanto nivel.

O certo é que tal e como asegura un dos seus compañeiros de Limiactiva, Roberto Feijóo, Martín Morales “é un referente e un exemplo a seguir dentro do mundo do deporte da Orientación, cabe destacar a súa labor en toda a comunidade e sobre todo na nosa comarca”. Roberto Feijóo recordounos que foi Morales quen “o ano pasado botou a andar un circuíto de Orientación con 10 probas repartidas o longo do ano, ademais das xornadas organizadas nos colexios e institutos de Xinzo de Limia en colaboración co club Limiactiva”.

Comentarios