sábado 18.01.2020

Mañá domingo descubrirase a estatua dedicada a Antonio Castro “Toñito Maestro”

Mañá domingo descubrirase a estatua dedicada a Antonio Castro “Toñito Maestro”

As 16:45 de maña domingo procederase ao descubrimento da estatua que o Concello e o pobo de Xinzo quere dedicarlle a memoria do que case toda a súa vida dedicou desinteresadamente ao fútbol en Xinzo sobre todo ao fútbol base.

A estatua feita en pedra polo escultor limián Xosé Lois Carreira quedará definitivamente colocada no campo de fútbol da Moreira.

Posteriormente disputarase o partido entre os equipos do Antela  e o SP. Celanova, todo un derbi de rivalidade comarcal.

O Concello quere invitar a todos os veciños e veciñas, e sobre todo aos xogadores da canteira, para que todos lle volvan a dar a homenaxe que “Toñito” se merece.

Comentarios