jueves 09.07.2020
O baño será con cita previa e un máximo de 45 minutos

Mañá luns 8 abrirán as instalacións da piscina climatizada

Elvira Lama e Rafael Penabad piden comprensión aos usuarios e traballadores, aos que agradecen o seu esforzo para esta adaptación

Mañá luns 8 abrirán as instalacións da piscina climatizada

Todo a punto para que a piscina climatizada e o ximnasio municipal abran de novo as súas portas a partir de mañá, luns, despois de semanas de peche como consecuencia da crise sanitaria. Durante os últimos días, leváronse a cabo todos os traballos de adaptación a nova normalidade para o cumprimento estrito das normas do Ministerio de Sanidade coa fin de garantir a seguridade e hixiene, tanto de usuarios como de traballadores.

Os cambios serán notables en algúns casos, sobre todo no relativo ao aforo e aos tempos de uso de ambas instalacións, que agora estarán limitados. Así, na piscina non estarán nunca máis de 7 persoas, que poderán permanecer en ela por un máximo de 45 minutos, sempre con cita pedida previamente (antes podían nadar a un mesmo tempo ata 21). No ximnasio o aforo máximo queda limitado a 6 persoas, sendo tamén obrigatorio solicitar cita (a través do teléfono 988 550 507 ou na propia instalación).

WhatsApp Image 2020-06-05 at 12.41.09Para garantir a seguridade e a hixiene, así como as distancias, a piscina e o ximnasio contarán con zonas de entrada e saída independentes, así como de zonas de paso que aseguren a distancia mínima. O uso das instalacións será por quendas, con intervalos de 15 minutos entre cada unha, tempo considerado suficiente para evitar a coincidencia dos usuarios que entren e saian e para a desinfección dos diferentes recintos (piscina, ximnasio e vestiarios).
No vestiarios estarán precintadas parte das taquillas, así como dos bancos, adaptando a súa dispoñibilidade aos novos aforos. Tamén estará prohibido o uso das duchas.
Antes de acceder ao centro deportivo municipal, as persoas usuarias deberán pasar por un control de temperatura e durante todo o tempo que permanezan no seu interior terán a súa disposición hidroxeles desinfectantes. Tamén será obrigatorio o uso de mascarilla en aqueles casos nos que non sexa posible manter a distancia de 2 metros.

Na última visita á instalación antes da reapertura, a alcaldesa, Elvira Lama, e o concelleiro de Deportes, Rafael Penabad, pediron comprensión aos usuarios e traballadores a partir de mañá, luns, especialmente durante os primeiros días, ademais de agradecerlle aos empregados do centro deportivo o esforzo e adicación para adaptalo as novas esixencias sanitarias.