miércoles 12/8/20

Na súa primeira saída a Cantabria conseguiron 16 medallas

Parte delas foron para karatecas da Escola Municipal de Xinzo

Na súa primeira saída a Cantabria conseguiron 16 medallas

A pasada fin de semana celebrouse o terceiro Open de Lixeiro Contact Cidade de Castro Urdiales. A competición contou cunha ampla representación de alumnos da Escola Deportiva de Kickboxing Cipri Gomez. En total 33 nenos e nenas das escolas de Ourense e Xinzo de Limia, de idades comprendidas entre os 7 e 15 anos.

51

O equipo ourensán logrou 4 ouros, 3 pratas e 9 bronces. Tendo unha destacada actuación Aida Sánchez Novellas, Daniel Mateo, Melany Sirley, Martín Seguín, que lograron facerse coa medalla de ouro, a prata foi para Hugo Araujo, Joel Conde e Andrea Díaz,  mentres que  Paula Mateo, Assia Nourí,  Laura González, Abderramán Nourí, Laura Muíños, Santi Gómez, Alex Fernández, Diego Gándara e Rocio Blanco, conseguiron o bronce. En total foron 16 os metais conseguidos pola expedición ourensá.

Actualmente nas dúas escolas deportivas hai 68 nenos e nenas inscritos, que practican este deporte tres días á semana, nas instalacións do ximnasio Sportcenter de Ourense e en Xinzo no CEIP Rosalía de Castro, e cuxo mestre é o excampeón mundial Cipri Gomes.

PROXIMAS CITAS

A de Castro Urdiales foi a primeira cita dunha longa de citas que están previstas para o ano 2017 e que forman parte do calendario oficial da Federación Deportiva Galega, entre as que hai que destacar o 5 de marzo, en Arcade (Pontevedra), o campionato galego de kick-boxing na proba de point fighting, aos que lle seguen campionato galego de karate por equipos, Copa Deputación 2017...

O 1 de abril, a Escola Deportiva de Kickboxing Cipri Gomes organizará o campionato autonómico desta disciplina na proba de lixeiro contact, no que participarán máis de 200 deportistas de toda Galicia pertecientes a 32 clubs deportivos, e nas que os alumnos das escolas ourensás serán os anfitrións.

Comentarios