Nace unha nova proba de cross na Limia

999999
Nace unha nova proba de cross na Limia

Pretende ser un dos mellores cross do noroeste peninsular

O proxecto dun cros na Limia era algo que a asociación LimiActiva levaba anos no “forno” e que esperan que este ano sexa o definitivo.

Conta coa colaboración dos concellos de Xinzo de Limia, Sandiás a Deputación Provincial e o Hipódromo de Antela.

Nestes momentos xa está publicado o "dossier" para que todos os afeccionados xa o poñan nas súas axendas e para procurar os patrocinios de empresas privadas necesarios para a organización dunha proba destas características.