sábado 31/10/20

Naufraxio de resultados

DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ  A fin de semana de competición foi negativa en cantos a resultados obtidos polos diferentes equipos do A.B...
BENJAMIN masc

DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ 

A fin de semana de competición foi negativa en cantos a resultados obtidos polos diferentes equipos do A.B Xinzo.

Esta fin de semana tivemos a oportunidade de vivir un derbi entre os equipos de categoría benxamín masculino e benxamín feminino o pasado venres á tarde no pavillón municipal de Xinzo de Limia. A vitoria caeu do lado do equipo adestrado por Andrés, cun marcador de 32 a 66, pero as rapazas de Gabriel Mandianes non lle perderon a cara o partido.

Por outra parte, o equipo adestrado por Isa Fernández, o benxamín mixto, tivo que viaxar ata terras alaricanas, para enfrontarse o equipo benxamín feminino do C.B Allariz. Os rapaces de Isa caeron cun marcador de 44 a 20.

Unha das poucas alegrías que se acadou en canto a resultados foi a vitoria do alevín masculino na súa visita ó colexio de Maristas de Ourense, que lle tocou enfrontarse ó Sta María. Os rapaces de Luis Miguel acabaron levándose o partido cun marcador de 61 a 30.

Continuamos cos equipos de categoría infantil, xa que o equipo dirixido por Miguel López, o infantil masculino xogou como local contra o Bosco. O partido sempre lle foi costa arriba para os locais, que acabaron perdendo cun marcador de 21 a 105.

Por outro banda, o infantil feminino comandado por Óscar Gómez, tivo que enfrontarse o Pabellón, equipo de gran entidade na historia do baloncesto feminino na provincia de Ourense. A vitoria caeu do lado do equipo ourensán cun marcador final de 23 a 46.

Para rematar cas categorías inferiores do baloncesto, temos que falar do cadete masculino, que esta fin de semana tiveron un revés en canto o seus intereses para rematar quintos na liga. O equipo de David Fernández caeu derrotado fronte un rival directo pola quinta posición como é o Bosco A. O partido foi duro, e máis porque en ningún momento os rapaces de Xinzo se atoparon cómodos na cancha, faltos de motivación e de busca de solucións para contrarrestar o equipo rival, error que admitiu o propio adestrador, que se viu incapaz de motivar os seus pupilos e de darlles unhas directrices correctas para poder competir con garantías. O marcador final foi 63 a 41.

E por último damos paso o equipo sénior masculino, que unha vez asegurada a permanencia, tocoulle desprazarse a Salesianos para enfrontarse ó Bosco. Os xogadores de Gonzalo caeron derrotados cun marcador de 60 a 52, nun partido no que o conxunto limiao non se fixo nunca co dominio no marcador nin do xogo. A pesar da derrota o equipo de Xinzo tivo a oportunidade de levarse o partido, pero uns errores de David, afastaron ó equipo de Gonzalo da vitoria. Cabe destacar a boa actuación de Iago, tanto en ataque coma na defensa. Agora tócalles aprender dos errores e mellorar no próximo partido contra o Alaricano en Xinzo, esta fin de semana que vén.

Comentarios