E por que non probar o fútbol americano?

cartel
E por que non probar o fútbol americano?
Un campus de iniciación a este deporte celebrarase en Xinzo o próximo 15 de decembro  REDACCIÓN redac@dendealimia.com Todos aqueles deportistas intrépidos da vila...

Un campus de iniciación a este deporte celebrarase en Xinzo o próximo 15 de decembro

 REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Todos aqueles deportistas intrépidos da vila e a súa comarca terán a oportunidade de facer unha primeira incursión no fúltbol americano o próximo 15 de decembro no campo da Moreira. Esta iniciativa está organizada polo clube Vigo Guardians, a Asociación Galega de Fútbol Americano e Concellería de Deportes do Concello limiao.

Inscrición Os limiaos que queiran atreverse con esta disciplina, que aínda que conta cunha liga autonómica, non está especialmente desenvolvida na provincia, teñen ata o 9 de decembro para inscribirse no campus, polo prezo de 10 euros por participante. E debido precisamente a que este deporte todavía gatexa en Galicia, o obxectivo deste obradoiro é sobre todo de promoción. A idea de achegar o fútbol americano ata a vila xurdiu de Aitor Paz, un grande afeccionado, que contou desde o primeiro momento co apoio de Luis Miguel Gil, concelleiro de deportes, pois ámbolos dous coinciden en que Xinzo, "é o lugar ideal para a celebración deste campus, por tratarse dun dos lugares máis ricos deportivamente falando da provincia".

Para máis información sobre este evento, entra na súa páxina web premendo aquí.