Non puido ser

BENJAMIN fem.
Non puido ser
DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ A xornada de baloncesto desta fin de semana destacou, pola disputa do equipo Alevín masculino na Fase Final...

DAVID FERNÁNDEZ MARTÍNEZ

A xornada de baloncesto desta fin de semana destacou, pola disputa do equipo Alevín masculino na Fase Final do campionato provincial, a diversidade de resultados obtidos polos diferentes equipos do A.B Xinzo e pola participación do equipo Cadete masculino no 1º Torneo Internacional de Baloncesto de Chaves (Portugal).

Comezamos coa cita máis importante desta fin de semana que lle correspondía o equipo adestrado por Luis Miguel Gil, que con todo mérito, acadou o dereito a participar na Fase Final Provincial. Fase, que só, podían disputar os 4 mellores equipos da provincia, 2 por cada grupo.

Esta Fase disputouse o pasado domingo “Oleiro”, no colexio de Salesianos de Ourense. Á mañá, disputouse os partidos de semifinais entre o C.B Allariz-Barco, coa vitoria do equipo alaricano por 70 a 50, e o partido do Bosco Salesianos-A.B Xinzo, partido que rematou coa derrota do equipo de Xinzo por 71 a 21. Demasiado correctivo para un equipo que mereceu máis.

Disputadas as semifinais, á tarde tocáballe a quenda ós partidos polo terceiro e cuarto posto, e a final.

O equipo de Luis Miguel enfrontouse contra o Barco por rematar na terceira praza, pero o partido foi moi costa arriba e acabaron co marcador de A.B Xinzo 48 - Barco 77. O partido da Final, resultou gañador o Bosco Salesianos fronte o C.B Allariz por 80 a 68.

Desta vez tampouco se puido acadar a vitoria, ao igual co ano pasado lle pasou o equipo Infantil (Subcampión Provincial), pero hai que darlle a noraboa tanto os rapaces como o adestrador polo gran campionato, e polo esforzo realizado ó longo da tempada, e seguir alentando a unha xeración de rapaces que poden dar moitas alegrías o baloncesto da Limia. Ánimo!!!

Para continuar, imos destacar a vitoria do Benxamín feminino fronte o Carmelitas cun marcador de 54 a 4. As rapazas de Gabriel Mandianes non tiveron rival no partido. O outro equipo Benxamín mixto, dirixido por Isabel Fernández, non puideron facer nada contra o Bosco Salesianos, e caeron derrotados no seu enfrontamento.

Subindo de categoría, o equipo de Miguel Ángel López, o Infantil masculino tocoulle enfrontarse contar o Blanco Amor C. O marcador foi desfavorable po equipo limiao cun resultado final de 29 a 82.

O outro equipo que disputou xornada de liga foi o Cadete feminino, que recibían o Pabellón, 1º clasificado e líder en solitario. As rapazas de Manolo esforzáronse moito, pero non puderon facer nada e caeron derrotadas por 6 a 79.

E para finalizar a crónica da fin de semana, cabe dicir que o equipo Cadete masculino viaxou ata terras portuguesas, máis concretamente á cidade de Chaves, na que disputou o Torneo Internacional de Baloncesto de Vila de Chaves, nos que estaban presentes os equipos Academia Desporto de Chaves, CTM Vila Pouca de Aguiar, B.C Vila Real e o A.B Xinzo. O torneo acabou finalmente coa vitoria dos rapaces de David Fernández, levándose o Torneo e unha gran experiencia de enfrontarse con equipos do outro lado da fronteira.