sábado 19/6/21

Nova edición do campus de futbol da fundación do RC Celta de Vigo en Xinzo

O Celta fará un seguimento aos xogadores do fútbol base de Xinzo e organizará un novo campus de verán na vila

celta2
Presentación do campus

A colaboración entre o Concello de Xinzo e la Fundación Celta de Vigo refórzase trala renovación dun convenio de colaboración para a realización de actividades deportivas e seguimento dos xogadores de Fútbol Base, ademais da formación de técnicos. Tamén está prevista a realización dun campus de verán. No acto estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Rafa Penabad; o presidente da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta; o coordinador dos campus, Manuel Gómez, e o presidente das Escolas Deportivas de Xinzo, Juan López.

Nova edición do campus de futbol da fundación do RC Celta de Vigo en Xinzo