O baloncesto de base segue a bo ritmo

Equipo Benxamín Femenino
O baloncesto de base segue a bo ritmo

Resultados do club A.B.Xinzo

TEMPO MORTO

Xa superado o ecuador da tempada 14/15 para os equipos Eidoempresa A. B. Xinzo, podemos dilucidar con que aspiracións se afronta a segunda fase da competición.

O equipo Senior Masculino, tras unha racha moi negativa, o seu adestrador titular Gonzalo decidiu fai dúas xornadas presentar a súa dimisión e tomou as rendas o seu segundo, David. Este cambio no banquillo provocou a primeira victoria da tempada pero na xornada pasada voltaron a senda das derrotas tralo traspés cosechado na pista do Xuventude Verín. Un derbi que nunca se gañou coma visitante. O Senior Masculino loita por saír da derradeira praza que o obrigaría a xogar o play-off de descenso cos equipos da provincia de Pontevedra.

Diferente aspiración a dos conxuntos Benxamín Feminino, que seguen invictas a falta do partido desta xornada para rematar a 1ª volta, e que as coloca como favoritas para conquerir o campionato. A pasada semana deron boa conta do equipo do Allariz Mixto. E o outro conxunto aspirante o título é o Cadete Masculino que nunha bonita pugna cos equipos do COB e o Bosco están realizar unha tempada moi emocionante. No último enfrontamento gañaron na difícil pista do Santa María. Este sábado ás 13h no pavillón de Xinzo, enfrontáranse ao Bosco. Deste enfrontamento sacaremos as verdadeiras opcións.

Boa tempada a dos equipos Infantil Feminino, ocupando a cuarta praza da clasificación, que ven de gañar a Allariz . E do Benxamin Masculino que venceu ao conxunto de Franciscanas, sendo terceiros a día de hoxe na súa categoría.

Aspiracións máis modestas e non menos importantes a dos resto dos equipos; Cadete Feminino, Infantil Masculino, Alevín Feminino e Alevíns Masculinos. Conxuntos nos que se está a traballar a formación dos xogadores e xogadoras para facelos competitivos nas vindeiras tempadas. Non olvidar que nestes conxuntos temos varios seleccionados polos combinados provinciais.

Resultados 24-25/01/15

SENIOR MASCULINO:

XUVENTUDE VERÍN (51) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (39)

CADETE MASCULINO:

SANTA MARÍA (29) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (54)

INFANTIL FEMININO:

EIDOEMPRESA A.B XINZO (57) - C.B ALLARIZ (42)

INFANTIL MASCULINO:

MARISTAS (107) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (16)

ALEVÍN FEMININO:

C.B ALLARIZ (45) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (64)

ALEVIN MASCULINO:

EIDOEMPRESA A.B XINZO A (59) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (26)

BENXAMÍN FEMININO:

EIDOEMPRESA A.B XINZO (54) - C.B ALLARIZ MX (4)

BENXAMÍN MASCULINO:

EIDOEMPRESA A.B XINZO (52) - FRANCISCANAS (1)

SAN JOSE NEGRO (6) - EIDOEMPRESA A.B XINZO (57)