Novos filtros e novo curso de natación na piscina climatizada

IMG-20180824-WA0008
Novos filtros e novo curso de natación na piscina climatizada

Obras de mellora e acondicionamento por valor de 30.000 € realizadas de cara a nova tempada

Este mes de setembro comezan os cursos de natación na Piscina climatizada de Xinzo de Limia. Impartiranse en tres horarios diferentes: luns e mércores, martes e xoves, e sábados. As inscricións xa están abertas!

Os cursos comezarán a principios de setembro para os adultos e o día 15 para os cativos e cativas. Dende bebés ata adultos teñen cursos aos que asistir. Os dos adultos comezan a partires das 07:15h e hai un cada 45 minutos, que é o que duran. Para os máis novos os cursos comezan as 16h e duran 30 minutos para os nenos de entre 3 e 5 anos e 45 minutos para os maiores de 6 anos.

NOVOS FILTROS

20180823_184722​As piscinas son instalacións nas que hai riscos evidentes se calidade da auga non é optima, por iso este verán tamén se cambiaron os filtros da auga, por primeira vez dende a construción das instalacións. Foi un gasto de arredor de 30,000€ que mellorará a calidade da auga da piscina e as condicións sanitarias en xeral.