viernes 30/10/20
Deporte

Ouro e prata para dous limiáns no Campionato Galego de Kickboxing

Hugo Araujo viaxará a Benidorm para presentarse ao Campionato de España os próximos días 20 e 21 de maio.

20170422_134909
20170422_134909

Este pasado domingo, día 23 de abril, algúns dos compoñentes da Escola de Kickboxing de Xinzo de Limia presentouse ao Campionato Galego de Kickboxing, na modalidade de Kicklight, que se celebrou na localidade melidense de Toques. Os limiáns que participaron foron Hugo Araujo e Martín Seguín.

20170422_150108

Araujo levou o ouro que, segundo o seu entrenador, "foi ben merecido polo intenso entrenamento que viña de facer durante toda a semana anterior". Seguín, pola súa banda levou a prata logo de duros combates.

Hugo Araujo viaxará a Benidorm para presentarse ao Campionato de España os próximos días 20 e 21 de maio. Xunto a el viaxaran tamén Lidia Mendez, Abderraman Nouri, Diego Gandara e Melanie dos Santos, que xa se proclamaran campións galegos noutras modalidades. Estes 5 nenos representarán a Xinzo no Campionato de España.

Moita sorte para eles.

Comentarios