Pedaleando pola Limia

montain bike Limia
Pedaleando pola Limia

O pasado domingo 25 de xaneiro o Club de ciclismo de Montaña Bttnocelo realizou una ruta de Montain Bike dende o Pavillón de Trasmiras pasando por os Concellos de Trasmiras, Xinzo e Cualedro.

Os participantes de toda Galicia foron recibidos no punto de saída cunha chocolatada e bica para comezar con forza a ruta pola Limia. En total, participaron 240 persoas, das cales so catro eran mulleres.

As espectaculares vistas coas que conta o recorrido víronse entorpecidas a causa do mal tempo, a néboa dificultou a visibilidade durante todo o camiño. A ruta realizouse a través de camiños e sendeiros encharcados polo mal tempo, o que aumentou a dificultade do tramo.

Os participantes, ademais da magnifica paisaxe, puideron degustar os manxares da nosa terra. A metade de camiño, encontrábanse cun pequeno aperitivo e un pouco máis adiante ofrecíaselles unha copiña de licor ou de augardente de herbas para combater o frío. Ao finalizar a ruta, foron recibidos cun bo prato de cocido para recompoñer as forzas perdidas polo camiño.

Os cinco primeiros en finalizar o itinerario fixérono en dúas horas e sete minutos. Os últimos realizaron o tramo en catro horas. A pesar do mal tempo, a sorte acompañou aos participantes posto que non houbo que lamentar ningún accidente. Aínda que non foi unha proba competitiva, os comentarios sobre a xornada foron moi positivos.