lunes 30.03.2020

As pistas de pádel estarán listas a mediados deste mesmo mes

A obra terá un coste total de 48.000 euros,
IMG_20200229_170506
IMG_20200229_170506

A obra terá un coste total de 48.000 euros, aportados tanto pola Deputación de Ourense como polo concello, con 35.000 e 13.000 euros respectivamente

O edil responsable de Deportes, Rafael Penabad, anunciou recentemente que as primeiras pistas de pádel do concello limiá estarán terminadas o próximo día 15 de marzo. As dúas pistas ubicaranse ao lado das piscinas climatizadas e fronte ao pavillón de deportes. Ademais, ao outro lado terán o campo de fútbol “tres por tres” situado con anterioridade na praza Carlos Casares.

A próxima semana, os operarios traballarán no acondicionamento das propias pistas, unha vez rematada a adecuación da parte drenante das instalacións, para que poidan estar rematadas a mediados deste mes de marzo. Por outra banda, o Goberno local traballa nunha ordenanza para regular o uso destas pistas, que se aprobará en sesión plenaria.

O concelleiro socialista explicou que porían “unha taxa simplemente para regular o acceso ás instalacións”, polo que haberá que pagar unha pequena cantidade para facer uso destas instalacións deportivas. “Estamos mirando cales son as taxas en concellos similares aos nosos”, foron as palabras do concelleiro, que asegurou que aínda non sabían cal sería a tarifa que establecerían para desfrutar destas novas pistas.

As pistas de pádel estarán listas a mediados deste mesmo mes