Pleno ao 15

IMG-20180422-WA0004

O equipo feminino de baloncesto de alevíns de Xinzo, campionas provinciais

Hoxe o equipo feminino da escola deportiva de baloncesto feminino de Xinzo, proclamouse campión provincial ao vencer ao equipo de Allariz, na final disputada en Salesianos por un rotundo 68-28.

O equipo nesta tempada que agora rematou gañou os 15 partidos desputados tanto na liga regular como nas semifinais e na final.

AO CAMPIONATO GALEGO E A COPA DEPUTACIÓN

IMG-20180422-WA0005Despois de acadar o primeiro posto os dias 26 e 27 de maio trasladaranse a Estrada para competir polo galego e posteriormente tamén competirán pola copa Deputación na súa categoría.

Parabéns a estas rapazas e o seu adestrador.