viernes 30/10/20

Preto de 130 rapaces desfrutan xa do Campus Deportivo do Concello de Xinzo

Os pequenos poderán practicar as especialidades de atletismo, baloncesto, fútbol, senderismo e xogos populares REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia Cando non hai nin unha semana...
20140630_213339-1-1

Os pequenos poderán practicar as especialidades de atletismo, baloncesto, fútbol, senderismo e xogos populares

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

Cando non hai nin unha semana que remataba o Campus de Tecnificicación de Fútbol de Xinzo de Limia, o Campus Deportivo tómalle xa o relevo.  Preto de 130 pequenos divididos en dúas quincenas segundo a súa idade, xa desfrutan das diferentes especialidades que ofrece esta actividade organizada polo Concello: atletismo, baloncesto, fútbol, sendeirismo e xogos populares.

Este programa deportivo está deseñado para os nados entre 2007 e 2002 e ten horario de mañá, desenvolverase durante todo o mes de xullo entre as 10:30 e as 13:30 horas. Cada unha das actividades preparadas estará dirixida por monitores da Concellería de Deportes e Educación e por adestradores dos clubs Limiactiva, A.B. Xinzo, Antela F.C. e Sendalimia.  E ademais de aprender ou perfeccionar algunha ou varias das disciplinas ofertadas, os cativos poderán desfrutar de piscina, aire libre e unha excursión por quincena a un parque acuático. Tal e como aseguran desde a Concellería “unha moi boa mestura para as mañás de xullo en Xinzo de Limia”.

Comentarios