Record de socios do Antela, pese aos resultados

IMG-20190404-WA0010
Record de socios do Antela, pese aos resultados

Hoxe ás 17:00 partido de rivalidade ante o Bande

O Antela chega ós 600 socios a pesar do mal momento a nivel deportivo. A directiva móstrase moi contenta por acadar esta cifra histórica, nunca antes a disciplina dirixida por Pepe Pérez acadara tantos socios. No plano deportivo, o equipo de Moisés Pereiro recibe o domingo ó Bande no #DerbidoLimia. Un partido catalogado como crucial para darlle unha alegría ós afeccionados. Os derbis sempre son partidos especiais. Non poderán estar neste encontro nin Fali nin Brais que se recupera dunha intervención cirúrxica. Son dúbidas Pablo Campelo e Breográn por senllas lesións. Agárdase un gran ambiente se o tempo o permite