sábado 04.04.2020

Rematou o campionato galego de orientación "sprint" celebrado en Xinzo

24 categorias, 24 equipos e 224 participantes

Rematou o campionato galego de orientación sprint celebrado en Xinzo

A praza Carlos Casares foi o centro neurálxico das probas de orientación levadas a cabo no dia de hoxe (sábado) en Xinzo,ademais da praza Maior, onde se encontraba a meta de tódalas categorías.

A primeira das probas foi pola maña no monte de Baronzáscampionato, consistente en orientación, neste caso por monte. Tanto na proba da maña como da tarde participaron 224 corredores de 24 equipos vidos de toda Galicia. A Coruña foi a provincia que mais equipos trouxo a este campeonato galego con 9 equipos inscritos seguida de Pontevedra con 5 equipos.  Por Xinzo os atletas participantes pertencían a Limiactiva, que ademais era o club encargado da organización desta proba.

24 CATEGORÍAS

Iniciación curta e longa, 12,14,18,21A,21B eran as idades  dos participantes nesta modalidade de Sprint, para pasar logo a 35/40/45/55 e ELITE.

Unha vez rematadas as probas individuais procedeuse a entrega de medallas  aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos e a proclamación do podio, masculino e feminino na categoría de SPRINT, que foron os que se clasificaron campións galegos  absolutos, na proba celebrada en Xinzo.

54321

Comentarios