Resumo da xornada de liga

Resumo da xornada de liga

RICKI

Comenzamos co resumo da xornada falando do partidazo vivido na Moreira entre Antela e Monterrey. Empeza o partido e o Monterrey do adestrador limiao Vila domina a primeira parte de principio a fin con dous goles en 45 minutos, e con máis ocasións falladas polo equipo visitante. No descanso o adestrador local manda quentar, o que é para min hoxe por hoxe, o mellor xogador da Limia, Manuel, que entra no terreo de xogo e o equipo local da un cambio radical. Na Limia séguese sen entender certas fichaxes locais e xente que se criou aquí sexan os mellores en equipos de fóra. Por parte do Antela salientamos o bo partido dos xogadores Faly,Manuel,Yago e por parte do equipo visitante Alexander,Oiguin,Seo e unha mención aparte para uns dos mellores porteiros da provincia de Ourense, o meta local Sieiro un 10. Segunda parte, cambio radical de xogo do equipo limiao. Reacción e con moito xenio por parte de Manuel e Faly remontada e empate xusto. O Antela aínda con todo tivo unha última oportunidade que Sieiro se luce nunha falta que ía a escuadra, e saca unha man. Goles do equipo local:Samu e Óscar. Con este empate o Antela segue en declive e xogando nos postos de descenso. O outro equipo local viaxaba a Celanova con toda a súa artillería,con goles de Vila de forte chute e Pisto acabando xa, empata  un duro partido. Fallos clamorosos do Boado que aproveitou o Celanova para sacar un empate, que non vale para ningún dos dous equipos.

Xa baixamos á segunda rexional e vemos como o Piñeira segue a regalar moitos puntos, desta vez por culpa da súa dianteira que por medio de José Ángel e Ricky fallaron moitas ocasións claras. Na segunda parte, baixa algo o equipo local e chega algunha ocasión clara do Muíños,nunha xogada boa do dianteiro que se incrusta na área e é derribado clarisimamente polo defensa, pero nin iso tiñan de cara,un punto do equipo local que sabe a pouco e xa empeza a xogar cos postos de abaixo.

Pasamos a terceira rexional nada novo nesta categoría que conta cun equipo que se pasea pola categoría e que gañou 6-0. O gran Porqueira encabezado polo seu extremo Champi. O Calvos perde por 3-1 contra o Espadana e o Vilar de Barrio por 6-0 co San Roque. As categorías inferiores obtiveron os seguintes resultados:(Antela) Juvenil 1-3 S.Teresita Verín 3-0 Cadetes Allariz 6-4 Infantil Alevín A 4-7 Ponte Ourense Alevín B 5-4 Allariz Benxamín A 5-1 Arrabaldo Ourense 1-7 Benxamin Barbadas 1-11 Prebenxamín Este Venres día Santo xogaranse partidos de copa resaltando o ANTELA B-PIÑEIRA as 11:30 da mañá.