Roubo no campo do Antela

IMG-20190327-WA0011
Roubo no campo do Antela

Os amigos "do alleo" visitaron pola noite o campo do Antela

Onte as instalacións do estadio Generali Moreira foron asaltadas polos amigos do alleo. Rebentaron as portas dos vestiarios local e visitante e máis a estancia onde se atopa a lavadora e a caldeira. Levaron obxectos con escaso valor posto que o club xa estaba advertido polos roubos acontecidos noutros estadios. O equipo adestrou onte e pechouse todo sobre as 23:30 polo que o asalto tivo que ser de madrugada. Dende o club lamentamos este tipo de acontecementos e esperamos que se esclarezan os feitos.

Os destrozos superan o valor do roubado

cats