SÁBADO DEPORTIVO, DIA E NOITE

58
SÁBADO DEPORTIVO, DIA E NOITE

Outro sábado deportivo que comezará as 10:30 h no pavillón de deportes e que rematará polas rúas de Xinzo ben entrada a noite.

VI TORNEO VILAS DE OURENSE

Os equipos de Alevíns Benxamíns e Babybasquet de Allariz, Barco, Maceda, Maside, Monforte de Lemos e Xinzo disputarán un campionato de liga, no que realmente o máis importante é participar. Dende as 10:30 horas da mañá ata as 20 horas, cun descanso para comer e visitar a nosa vila.

Máis de 300 persoas entre deportistas e acompañantes farán que Xinzo se encha de colorido nun día de deporte de base.

CARREIRA NOCTURNA

Case sen tempo de descanso, para aqueles que queiran presenciar a primeira das carreiras, a actividade deportiva trasladarase a praza S. Roque . A partir das 20:15 comezarán a saír os participantes da XII Nocturna de Xinzo 2016.

Os primeiros en facelo serán os Benxamíns e Alevíns, saíndo a continuación os Infantís e Cadetes . As 20:50 farano os Prebenxamíns e despois os Pitufos.

A carreira ABSOLUTA dará a súa saída as 21:30.

Todos aqueles que aínda non o fixeran poderanse inscribir no pavillón de deportes ao longo de todo o día, coa condición de que xa teñan o chip-control