martes 21/9/21

Este sábado terá lugar a primeira proba do Desafío 42

Unhas 800 persoas están inscritas nas probas do D3safío42 .2015

RUTA DESAFIO XINZO
RUTA DESAFIO XINZO

Este sábado 11 de abril, en horario matinal de 10h a 13h,  terá lugar en Xinzo de Limia a primeira proba do Desafío 42. Será unha media maratón, 21 km, que discorrerá polo casco urbano e polas beiras do río Limia. 

Dado o horario e o día desta carreira, dende a Policía Local de Xinzo de Limia, advirten que o tráfico permanecerá cortado  nas seguintes rúas: Dous de Maio, Av. Río Limia,  Río Miño, Ladeira, Toural, San Roque, Constitución,  Xesús Romero Nieto e Carmen Nóvoa.

Comentarios