Semana de campus de fútbol e ximnasia en Xinzo

campus
Semana de campus de fútbol e ximnasia en Xinzo

Esta semana deu comezo o III Campus de Tecnificación en Fútbol e o II Campus de Ximnasia que organiza o Concello de Xinzo e o club Escolas Deportivas da vila.

David Carnero é quen dirixe a un total de 8 adestradores de fútbol que están a cargo de 100 participantes. As xornadas lévanse a cabo ata o venres en horario de 10h a 13.30h nas instalacións de A Moreira e José Antonio Fernández Carrera.

O grupo de ximnasia está integrado por 60 rapaces e rapazas que se poñen nas mans de 4 preparadores con Sandra Alén á cabeza. As clases impártense nas instalacións do pavillón municipal e a piscina exterior de 10h a 14h.