martes 11/5/21

A Sociedade Atlética Val Miñor faise co podio dos 10km de Xinzo

Akka Essaadaoui na categoría masculina e Rocío Rodríguez na feminina levaron os primeiros postos REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia A pesar do vento e da...
TODOS PODIO

Akka Essaadaoui na categoría masculina e Rocío Rodríguez na feminina levaron os primeiros postos

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

A pesar do vento e da ameza de chuvia que sobrevoou a vila durante toda a mañá de onte, os 10 km Vila de Xinzo volveu rompeu récords de participación un ano máis. Máis de 420 atletas conseguiron rematar a proba entre as seis carreiras celebradas. A Sociedade Atlética Val Miñor foi a dona da absoluta tanto na categoría masculina coma na feminina. Dous dos seus corredores, Akka Essaadaoui e Rocío Rodríguez foron os que subiron ao máis alto do podio con tempos de 31 minutos e 54 segundos, e 39 minutos e 4 segundos, respectivamente.

Entre os máis pequenos destacou a participación de Ziar Nagihi do clube limiao Limiactiva, polo seu bo resultado na carreira infantil-cadete e a de Anxo Losada do EDC Verín na benxamín-alevín.

Esta festa do atletismo tivo como broche final a carreira Special Olympics para persoas con discapacidade na que participaron varios membros da Asociación Limisi de Xinzo de Limia.

Para máis información sobre as clasificacións e tempos de todos os participantes, visita a web da asociación organizadora, Limiactiva, premendo aquí.

Comentarios