martes 21/9/21

Tras todas as derrotas, as esperanzas están postas nas benxamíns femininas

A vitoria do campionato dependerá do partido que se disputará este venres contras as nenas de Allariz

Pasou a Semana Santa, pasaron as vacacións e volvemos a normalidade. Pero, o A. B. Xinzo segue a derrota do equipo cadete masculino na derradeira xornada de liga. Esta derrota que supuxo a "non" consecución do campionato. Enfronte estaba o COB cun equipo moi superior tanto no físico coma no tiro exterior. Non puido ser, pero queda un subcampionato que enche de orgullo a familia do A. B.Xinzo.

Pero, aínda queda unha oportunidade para lograr un campionato, as benxamíns femininas xogarán este venres contra as nenas de Allariz; unha vitoria farías campioas matematicamente a falla de dúas xornadas. Levan unha tempada inmaculada, 15 partidos 15 vitorias e poden conseguir un campionato perfecto. Esperemos que este venres a afición responda coma no partido cadete, onde houbo no pavillón máis de 300 siareiros e siareiras.

Do resto dos equipos cabe salientar a derrota do benxamín masculino co EDO, o cal alexa o equipo de Andrés do 3º posto final.  Os alevíns, seniors e infantil feminino descansaron. O cadete feminino e infantil masculino perderon nos seus enfrontamentos co Allariz.

Para rematar, o domingo de ramos, en xornada matinal, máis de 50 xogadores e xogadoras do A.B. Xinzo foron o partido do Obradoiro-CAI. Este evento está englobado nas actividades do club para esta tempada.

Comentarios