miércoles 11.12.2019

Visita do Molgas a Moreira

Este domingo ás 16:15
Visita do Molgas a Moreira

Partido "trampa" para os antelistas. Este domingo visita a Moreira un equipo que está batindo tódolos récords negativos que se recordan. O Molgas é o cabeiro da táboa e conta os seus partidos por goleadas. Porén a semana pasada só recibiu 3 goles do Verín. Miguel Alonso conta con todo o plantel agás Modou e José Ángel. O primeiro xa abandonou o equipo por motivos laborais e o segundo está pendente do acordo entre clubs para ser novo xogador do Piñeira. Todo o que non sexa unha vitoria cómoda será unha novidade. Aínda que como dicía Boskov "fútbol es fútbol" Estadio da Moreira. Domingo ás 16:15