sábado 8/8/20

Vitoria primordial de cara a permanencia do Antela

O Antela supera a un rival directo como é o Cortegada  nun comezo eléctrico

O equipo de Cortegada comezou adiantándose no marcador, por medio de Cristian, despois dun fallo da defensa limiana no minuto 4. Pero, un minuto despois, cando o Cortegada inda estaba celebrando o gol, Saviola estableceu o empate de cabeza nun córner.

Uns minutos máis tarde, o Antela  púxose por diante mediante una boa volea de Couñago pero, non tardaría en chegar a réplica por parte do Cortegada que conseguiría o empate por medio de Diego Sotelo, o transformar unha pena máxima cometida  por Saviola por man.

Xa  na segunda metade, o equipo  que  iría pola vitoria sería o Antela, e deste empuxe chegaría o 3-2 despois dun gol en propia meta do xogador do Cortegada Reinaldo o intentar despexar un balón. Logo, o Cortegada non tivo outro remedio que adiantar liñas e ir a polo empate. O último gol chegou despois doutra  boa volea de Couñago para establecer o definitivo 4-2.

Comentarios