A volta ciclista entra na Limia ás 14.32h por Piñeira de Arcos

vuelta
A volta ciclista entra na Limia ás 14.32h por Piñeira de Arcos

A etapa 7 do venres entre Maceda e Puebla de Sanabria atravesa a comarca

Un dos eventos desta semana pola Limia é o paso da volta ciclista. A etapa 7 vai ter lugar o venres coa saída dende Maceda ás 13.43h ata a meta situada en Puebla de Sanabria onde o pelotón chegará sobre as 17.30h.

Neste percorrido os ciclistas pasarán pola comarca entrando por Piñeira de Arcos en torno ás 14.32h. Chegarán a Sandiás ás 14.37h e o pelotón atravesará Xinzo ás 14.47h. Logo seguirán a N-525 e estarán cruzando o concello de Trasmiras ás 14.54h.

Entre tanto máxima expectación por ver de preto ós mellores ciclistas e agardar que non se produzcan accidentes debido ó mal estado dalgúns tramos. No caso do espazo comprendido entre o Alto de Allariz e Sandiás, o firme da estrada está moi deteriorado e presenta numerosas fochancas que poderían supor un perigo para os deportistas.

Noutros tramos como que vai de Xinzo de Limia cara Abavides si se acometeron traballos de mellora no firme hai unhas semanas.

Co que si que non terán problema será co tempo que se presenta con nubes e claros e temperaturas altas para a mañá do venres.