Xeodestino para apaixonados do BTT

sendeirismo-btt-np
Xeodestino para apaixonados do BTT

O xeodestino “Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia” ven de engadir no seu sitio web todas as rutas de sendeirismo e BTT que podemos atopar nos seus concellos.

Unha comarca única para desfrutar destes deportes rodeados dunha contorna espectacular. Allariz. 31 de xullo de 2021. O xeodestino “Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia” ven de recoller na súa web todas as rutas de sendeirismo e BTT que podemos atopar nos concellos de Allariz, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas, Vilar de Barrio e Maceda. Nas vindeiras semanas engadirán algunha ruta máis, pendente de oficializar. Unha práctica deportiva e de turismo activo en crecemento Son numerosas as persoas que deciden desfrutar durante o seu tempo de lecer do sendeirismo ou do BTT.

Unha tendencia, ademais, moi favorecida polos cambios que trouxo consigo a pandemia, incrementando de forma notable a demanda de destinos pouco masificados e afastados das grandes urbes. Nese sentido, o xeodestino “Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia” cumpre con todos os requisitos para convertirse nun dos destinos máis atractivos de Galicia e de todo o territorio nacional. Desta forma, segue apostando por un turismo sostible, para toda a familia e cunha proposta repleta de recursos naturais e gastronomía de primeiro nivel. Onde atopar esta información A través da páxina “Rutas”, situada no menú web de deallarizamaceda.gal atoparemos os diversos intinerarios dispoñibles en cada un dos concellos.

Promoción dos 7 concellos

En https://deallarizamaceda.gal/ cada municipio ten a súa propia sección, coa información dos seus recursos naturais, patrimonio material e inmaterial. Pero non só iso, a páxina web tamén dispón dun mapa interactivo con todos os recursos xeolocalizados. Un proxecto aberto a toda a contorna onde as respectivas oficinas de turismo, establecementos hostaleiros, empresas do sector, etc; poden enviar as súas propostas, actividades de interese ou a súa predisposición a colaborar. O obxectivo é dar a coñecer Allariz, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas, Vilar de Barrio, Taboadela e Maceda.

Para máis información: Eva González - Coordinadora LIMIA-ARNOIA GDR10 604 026 618 coordinadora@limia-arnoia.ga