XIMNASIA E ILUSIÓN ENCHERON O PAVILLÓN DE XINZO

foto1
XIMNASIA E ILUSIÓN ENCHERON O PAVILLÓN DE XINZO

Xornada repleta de ilusións, música e ximnasia

Máis de 250 ximnastas dende os dous ata os quince anos e mais de 700 ilusionados país, nais, abos tíos e padriños déronse cita no pavillón de Xinzo nesta maña de domingo onde o que menos había era frío.

Equipos de Ourense, Celanova, Verín , Barbadás e a escola municipal de Xinzo, gozaron toda a mañá do domingo vendo como cos seus exercicios os que saboreaban o espectáculos , eran os familiares que se acercaron masivamente dende todas as partes da xeografía para seguir as súas pequenas.

Finalizada a exhibición os presidente da federación galega de ximnasia rítmica e o concelleiro de deportes fixeron entrega de obsequios, tanto os responsables das distintas escolas coma as participantes.