Xinzo acolleu a festa do Cachibol de Galicia

IMG_20190921_130541
Xinzo acolleu a festa do Cachibol de Galicia
Equipos de Vigo, Ourense e Xinzo déronse cita no pavillón de Xinzo

Equipos de Ourense, Vigo e Xinzo déronse cita na mañá do sábado no pavillón de Xinzo para practicar o Cachibol. Rematados os partidos, nos que ningún equipo gaña, todos os participantes recibiron de mans de Elvira Lama, Luís M. Gil e o director do Centro sociocomunitario as medallas.

AGRADECEMENTOS POR PARTE DO CREADOR DO DEPORTE EN GALICIA

cachibol1O presidente da asociación de Vigo na que naceu este deporte para menores de 90 anos agradecer a acollida que teñen sempre por parte do Concello de Xinzo dende o primeiro día que quixeron comezar a practicar este deporte.
O presidente quixo presentar a deportista que máis partidos leva disputado, catrocentos, tan solo en sábados, máis os dos mércores, dia de adestramento co seu equipo e con tan solo 82 anos.
Despois foi a representante do equipo ourensán que agradeceu persoalmente a técnico de deportes de Xinzo Oscar, organizador de tódalas veces que xa estiveron presentes, ademais de ser o adestrador do equipo de Xinzo.

IMG_20190921_130255