Xinzo, anfitrión da primeira fase da Copa Deputación de ximnasia

Ximnasia Xinzo
Xinzo, anfitrión da primeira fase da Copa Deputación de ximnasia
A competición celebrarase mañá domingo, a partir do mediodía no Pavillón de Deportes REDACCIÓN redac@dendealimia.com Os amantes da ximnasia teñen unha cita mañá...

A competición celebrarase mañá domingo, a partir do mediodía no Pavillón de Deportes

REDACCIÓN redac@dendealimia.com

Os amantes da ximnasia teñen unha cita mañá no Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia. A partir das 12 da mañá, celebrarse a I Fase da Copa Deputación de Ximnasia 2014, onde competirán os clubs Marusia de Ribadabia, ED Celanova, As Burgas e ED Concello de Xinzo de Limia.

Terán representación as disciplinas de ximnasia rítmica individual e conxuntos, a ximnasia para todos e a acrobática, preme aquí para consultar o horario e a orde de actuación.