XINZO F.S. FEMININO E PLATÓ CAMPIÓNS DO TORNEO SOLIDARIO

Torneo solidario1
XINZO F.S. FEMININO E PLATÓ CAMPIÓNS DO TORNEO SOLIDARIO

1.500 Kg de alimentos recadados o triplo da 1º edición

O domingo pola tarde-noite o pavillón de Xinzo, vestíase de gala para ver as dúas finais do II torneo solidario organizado por NN.XX.

A primeira final foi a de féminas , onde na segunda parte o equipo de F.S. Feminino fixo valer a súa preparación e superaron o equipo Reale de Sta. Marta de Vila Real. O terceiro clasificado foi o Ramirás.

Pasouse despois a disputar a outra final, neste caso masculina entre dous equipos de Xinzo, o Plató e Construcciones Rivero.

Na primeira parte xa o dominio do que ó final sería campión facíase ver na cancha.

Foi na segunda parte cando os xogadores do Plató , aínda que faltos de forzas por tódolos partidos disputados perante o fin de semana, demostraban que a súa traxectoria en torneos de verán é a que é. O final o marcador sinalaba un 6/3 a favor da discoteca Plató, ante unas gradas case repletas de público que gozou das dúas finais.

ENTREGA DE TROFEOS

Torneo solidario5Unha vez rematados os dous días de fútbol sala no que participaron 33 equipos , récord ata o momento nun torneo solidario, fixéronse entrega dos trofeos, comezando por unha placa de recoñecemento a Jesus de las Heras, adestrador do equipo de Xinzo, posto que sen a súa colaboración desinteresada na edición pasada, no houbera sido posible esta.

A organización contaba cun arbitro da vila, pero non apareceu e tivo Jesus que votarse o torneo ó lombo e arbitrar tódolos partidos, de maneira totalmente altruísta.

Tamén neste momento os organizadores quixeron destacar a labor dos árbitros destra edición, uns colaboradores da concellería de deportes e outros externos.

Ademais dos equipos gañadores e segundos, tamén recibiron trofeo, o mellor porteiro do torneo ( José Fco. \“Kiko\”) e o máximo goleador, Javier da Silva, xogando un partido menos co resto.