lunes 09.12.2019

A XUNTA FELICITA AO ANTELA FÚTBOL CLUB POLO SEU CENTENARIO

O secretario xeral para o Deporte gabou a traxectoria do equipo ourensán xa que “non é fácil cumprir cen anos cun estado de saúde tan envexable como o que presenta o Antela”

Estanse a explorar vias de colaboración para participar da efemérides

A XUNTA FELICITA AO ANTELA FÚTBOL CLUB POLO SEU CENTENARIO

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, recibiu á directiva do Antela Fútbol Club encabezada polo seu presidente, José Pérez, co gallo do centenario do club de Xinzo da Limia, fundado nas primeiras datas de xuño de 1919.

061119antela2

O mandatario galego gabou a traxectoria do equipo ourensán xa que “non é fácil cumprir cen anos cun estado de saúde tan envexable como o que presenta o Antela”. Ademais felicitou ao conxunto que marcha terceiro na Primeira Autonómica e desexoulle moito éxito para regresar á Preferente, categoría da que descendeu a pasada tempada.
Durante a reunión os membros da directiva do Antela e os representantes da Xunta exploraron vías de colaboración para celebrar esta efeméride centenaria así como axudar ao equipo limián no mantemento das súas instalacións.

A XUNTA FELICITA AO ANTELA FÚTBOL CLUB POLO SEU CENTENARIO