miércoles 2/12/20

A XUNTA INICIA OS TRABALLOS DE SINALIZACIÓN DE RUTAS CICLISTAS PROTEXIDAS NAS ESTRADAS DA PROVINCIA DE OURENSE

Os traballos desenvolveranse na ruta protexida ES-OU-02, Maceda – Almoite – Milagros – Maceda, principiando na estrada OU -103, no PQ aprox. 4 + 760

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse á estrada OU -103 para asistir ao inicio dos traballos de sinalización de rutas ciclistas protexidas que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vai desenvolver nas estradas autonómicas da provincia de Ourense.

O obxectivo destas intervencións é incrementar a seguridade nas rutas habituais dos ciclistas deportivos.

16-11-20 Rutas ciclistas (2)

Esta actuación de protección dos usuarios vulnerables das estradas, que se enmarca no Plan de Seguridade Viaria da Xunta, céntrase nos ciclistas deportivos, tendo en conta as características diferenciais deste colectivo no uso das estradas, que fai preciso intervencións adaptadas ao colectivo.

Os ciclistas deportivos circulan a unha velocidade moito maior, polo que teñen que desprazarse pola calzada, preferentemente pola beiravía. Isto provoca situacións de maior vulnerabilidade e actuacións como estas van encamiñadas a reforzar a súa seguridade.

A XUNTA INICIA OS TRABALLOS DE SINALIZACIÓN DE RUTAS CICLISTAS PROTEXIDAS NAS ESTRADAS...